Nova Poesia Galega II Lyrics & Tabs by NAO
Nova Poesia Galega II
guitar chords lyrics
Derretirei con un verso o seu metal
E taparei cunha verba o seu canón
Arrincarei coa miña gorxa o seu puñal
De atracadores consentidos
Leo nos beizos o que intentas ocultar
Pecho os ollos pra sentirte latexar
Enfrío a menta pra que non poidas entrar
Agardarei na trincheira por ti.
Non
E soño a veces
Sigo en silencio
As súas pegadas
Na mascarada
Confío en min
E penso en ti
Na mascarada
Confío en min
E penso en ti
Sufro a berros para non ter que pagar
Un psiquiatra que me axude nesta prisión
Vou chamando ás vosas portas por favor
Dime que entendes o que timbro
Miro onde non hai que mirar
Volvo pra contarvos o prohibido
Falo do que non se debe falar
Ensino o que non ensinan os seus libros
Escribir na túa pel poesías de amor
Liberar a razón disparando cancións
Suspirei, afundin, e contigo emerxín
So me deixo levar cando estou xunto a ti
E sei
Que as palabras son navallas
Masticadas, afiadas
Renadas na nosa lingua
Pra derrubar o seu mandato
Recitar no teu pelo poesías de amor
Liberar a razón con poemas de dor
Suspirei, afundin e deixeime levar
Construír capitáns con area do mar
Escribir na túa pel poesías de amor
Liberar a razón disparando cancións
Suspirei, afundin, e contigo emerxín
So me deixo levar cando estou xunto a ti