Cando Morra O Vello Lyrics & Tabs by Ruxe-Ruxe
Cando Morra O Vello
guitar chords lyrics
Eu son o Balbino, son un rapaz da aldea,
eu non vou á escola vou co ghando para a leira,
e teño un aghillón afiado na punta,
nunha vara longha que non quebra nunca.
e cando miro ó ceo preghúntolle ás estrelas
cando poderei ser libre coma elas
cando morra o vello
si señor, cando morra o vello
E vexo pantasmas, brétemas de medo,
elas tráenme a fame e quítanme o que teño,
veñen cada noite mentras estou durmindo,
e fan lume da vara coa que me defendo.
E se berro alto sempre terei castigho,
teño que aprender a medir o que digho,
antes de que ceiben a rabia dos seus cans,
E se berro alto sempre terei castigho,
teño que aprender a medir o que digho,
antes de que ceiben a rabia dos seus cans,
quebren as palabras e me traben as mans