Os Cesteiros Lyrics & Tabs by Fuxan os Ventos

Os Cesteiros

guitar chords lyrics

Fuxan os Ventos

Album : Terra de Soños folk PlayStop

Somos probes cesteiros,
cestos que compoñer,
probiños de nosoutros

que vamos morrer.
Fame que temos,
¡vaia por Dios!
non sei se é fame
ou se será tós;
entra pola boca,
sale polos pés,
todo este mundo
anda ó revés.
Cando vamos á feira
cos cestos a vender
chamamos ás mulleres

Cando vamos á feira
cos cestos a vender
chamamos ás mulleres
que nolos veñan a ver.
E son bos cestos
se son, son, son,
que coma os meus
non hai ningún bon
e son bos cestos,
miremos ben,
pois coma os meus
xa non os fai ninguén.
Cando vamos prá vila
pola caie raial
quedan as señoritas
sentadas nun portal.
Elas, moi empolvadas,
saen pro mirador
e falan polos dedos
palabriñas de amor.
Eses son cestos
eses son, son,
en todos eles
non hai un bon.
Víste-los cestos
vístelos ben
pois coma eles
non os fai ninguén.

Like us on Facebook.....
-> Loading Time :0.0047 sec