Ari ari Lyrics & Tabs by Abe Rábade, Guadi Galego & Ugia Pedreira

Ari ari

guitar chords lyrics

Abe Rábade, Guadi Galego & Ugia Pedreira

Album : Nordestin@s (Bonus Version)PlayStop

Viaxou por moitas máis terras das que ficou por ver.
Bebeu de moita máis auga da que deixou de beber.
Non sabe se sinte de máis ou se sinte de menos.

Non sabe o que sinte, non lle chega o tempo.
Amou a todos os homes que tivo no peito.
Dixo todas as verdades que no mundo ha .
Non sabe se sinte de máis ou se sinte de menos.
Non sabe o que sinte, non lle chega o tempo.
Limpou máis bágoas das que botou pra fóra.
Gustou daqueles paxaros que non teñen hora.
Non sabe se sinte de máis ou se sinte de menos.
Non sabe o que sinte, non lle chega o tempo.
Como se estende a mancha, igual que o amor.
Negar o azul é máis que nomealo; non falarei do mar.
Durmiu mirando as estrelas dos pobos sen luz.

Buscando a esquizofrenia onde estabas tu .
Non sabe se sinte de máis ou se sinte de menos.
Non sabe o que sinte, non lle chega o tempo.
Como se estende a mancha, igual que o amor.
Negar o azul é máis que nomealo; non falarei do mar.

Like us on Facebook.....
-> Loading Time :0.0058 sec